Actualidade

- MULLERES REDEIRAS: Mostra de reparación das redes de pesca - concelloderianxo

Actualidade

MULLERES REDEIRAS: Mostra de reparación das redes de pesca

A Aula Activa do Mar organiza a actividade MULLERES REDEIRAS: mostra de reparación das redes de pesca, enmarcada dentro da Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, na que se amosará o traballo das redeiras. Preténdese difundir e  poñer en valor un oficio tradicional desempeñado  maioritariamente por mulleres, estas realizan un labor manual de reparación e confección de redes, diferentes en función do tipo de arte de pesca, da técnica de confección da rede... A arte de reparación e fabricación de redes é un dos máis antigos oficios mariñeiros. Sen a actividade das redeiras os labores de pesca non se poderían levar a cabo. Ademais, representa un dos sinais culturais de Galiza, como é a actividade relacionada co mar.

Esta mostra terá lugar o sábado 27 de xullo a partir das 18:00h ao lado da carpa “Rianxo cociña o mar”.