Actualidade Actualidade

Atrás

Publicación do Portal de Transparencia do Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, a través da súa sede electrónica, pon en marcha o Portal de Transparencia.

En cumprimento da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello de Rianxo pon en marcha na súa Sede Electrónica o Portal de Transparencia, que favorece o acceso á información pública, consolidando así os dereitos dos cidadáns ao dotalos dun sistema de control, coñecemento e vixilancia sobre a súa actividade e a dos seus entes dependentes.