Actualidade Actualidade

Atrás

Visita nocturna aos petróglifos dos Mouchos

A Concellería de Deporte e Patrimonio Histórico organiza unha visita nocturna guiada aos petróglifos dos Mouchos, o sábado 29 de xullo, ás 21.00 h.

Despois da recente limpeza realizada nun dos monumentos mais importantes do noso continente, que foi supervisada por un arqueólogo para garantir que os traballos se fixeran de xeito adecuado e non danar a estación petrográfica nin a súa contorna, a Concellaría de Patrimonio Histórico organiza unha visita nocturna aos petróglifos dos Mouchos, guiada polo arqueólogo Julián Bustelo e mais o especialista local Juan Carlos Collazo.

O punto de encontro será a escola unitaria de Brión, en Leiro; o percorrido (arredor de 1,5 km) é de dificultade baixa. A actividade é de balde e non cómpre inscrición previa.

É importante lembrar que estes "monumentos" do noso patrimonio teñen o mesmo grao de protección que, por exemplo, a Catedral de Santiago, polo que o seu coidado e a difusión da súa localización e do seu valor cultural é unha parte moi importante da nosa historia, que nos corresponde a nós, administración e cidadanía, conservar e divulgar.

Seguinte