Recursos para hostalaría Recursos para hostalaría

GLOSARIO DE RESTAURACIÓN Á CARTA

(galego-castelán)

Glosario de restauración galego-castelán con denominacións á carta de pratos e comidas, elaborado polo SNL da Confederación de Empresarios de Galicia.

É unha interesante ferramenta para facilitar aos establecementos hostaleiros o traballo de confeccionar os seus menús e cartas en galego.

(pódese consultar ou descargar premendo na imaxe)

 

 

 

DICIONARIO DE ALIMENTACIÓN E RESTAURACIÓN

(galego-castelán-inglés)

Centro Ramón Piñeiro, 2012

Inclúe léxico e frases feitas propias da alimentación e da restauración, coa súa definición e a equivalencia en castelán e inglés.

Na parte final inclúe un glosario de voces en inglés coa súa equivalencia en galego, e outro en castelán coa súa correspondencia en lingua galega.

(pódese consultar ou descargar premendo na imaxe)

 

 

PEQUENO DICIONARIO DA GASTRONOMÍA GALEGA

(galego, castelán, inglés, italiano, francés, portugués e alemán)

Consellería de Innovación e Turismo, Xunta de Galicia

É un libro plurilingüe de pequeno formato que serve para introducir o turista nas marabillas da gastronomía galega; un práctico percorrido polos pratos máis populares e tradicionais, os produtos máis destacados e as zonas de orixe.

(pódese consultar ou descargar premendo na imaxe)

 

GLOSARIO BÁSICO DE TERMOS DA COCIÑA "A cociñar con Paco Feixó" (Vieiros)

Velaquí dous exemplos de páxinas web en lingua galega de interese: