Bandos Informativos Bandos Informativos

Atrás

Anuncio de concesión demanial mediante procedemento aberto dos postos vacantes do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Rianxo

Publicado no BOP o martes 11 de xullo de 2017.
Anuncio dispoñible na plataforma de contratos públicos de Galicia www.contratosdegalicia.gal . Máis
información no correo-e contratacion@concelloderianxo.gal .

O concello de Rianxo, aprobou en Xunta de Goberno a incoación do expediente de Licitación de postos vacantes no Mercado Municipal de Abastos.

Os pregos de condicións están a disposición das persoas interesadas. Primarán na valoración de solicitudes aqueles negocios baseados en actividades non representadas aínda no Mercado Municipal ( produtos da horta, plantas ornamentais, artesanía, repostería...). Deste xeito preténdese dar unha oportunidade aos emprendedores rianxeiros para que inicien o seu negocio, contando co apoio total do Concello ( facilidade na tramitación de licenza, promoción, formación, asesoramento...).

PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN
a) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello ou calquera dos rexistros habilitados consonte a Lei 39/2015.
b) Data límite de presentación de ofertas: 30 DÍAS HÁBILES dende o seguinte á publicación do anuncio de licitación no BOP, sen prexuízo da súa publicación no perfil do contratante.
c) Presentarase a documentación segundo o establecido no PCAP.