Bandos Informativos Bandos Informativos

Atrás

Bando informativo sobre as fogueiras da noite de San Xoán

Ao achegarse a NOITE DE SAN XOÁN, animo a toda a veciñanza rianxeira a gozar desta celebración, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza.

Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento:

  • Non se cortarán árbores vivas, nin as súas pólas, para facer as fogueiras.
  • Non se queimarán pneumáticos, aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido ou materiais.
  • As fogueiras situaranse afastadas de vexetación, masas forestais e/ou edificacións, e non poderán situarse en praias ou pavimentos e chan susceptibles de deterioro polo efecto da calor (pedra, superficies pintadas, etc.). No caso de asfalto e cemento so se poderán facer con protección do chan mediante a colocación dunha chapa de ferro de 2 cm mínimo de grosor ou con 10 cm de area.
  • As persoas organizadoras da fogueira deberán contar con medios de extinción mínimos pero suficientes, para o seu uso inmediato no caso de ser preciso.
  • Unha vez rematada a festa, a organización deberá deixar libre de calquera resto (cinzas, materiais de combustión, outros restos, etc.) a zona utilizada para o desenvolvemento da fogueira.
  • Cada fogueira deberá ter unha persoa responsable que deixará os seus datos indentificativos e de contacto (así como información sobre o lugar de desenvolvemento, actividades que van realizar, etc.) no servizo de información do concello, no teléfono: 981 86 00 75.
  • Para casos de incendio ou outras emerxencias, contactarase coa Policía Local nos teléfonos: 981 86 06 25 ou 609 86 22 22.

Apelo ao civismo de organizacións e participantes para garantir unha axeitada seguridade e asegurar o desfrute da veciñanza.

Seguinte