Bandos Informativos Bandos Informativos

Atrás

Bando informativo sobre as medidas urxentes para a erradicación da praga de corentena denominada Psílido africano dos cítricos

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias de 1 de xuño de 2017, (DOGA do 23 de xuño
de 2017) pola que se amplían as zonas demarcadas pola existencia da
praga denominada Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos
cítricos) inclúese ao Concello de Rianxo e ás súas parroquias dentro das
zonas afectadas pola praga.

Como consecuencia son medidas de obrigado cumprimento as previstas
na Resolución de 1 de xullo de 2015 da da Dirección Xeral de Produción
Agropecuario (DOGA do 20 de xullo de 2015):

a) Comunicar a presenza da praga aos servizos oficiais da provincia (Servizo de
Explotacións Agrarias da Coruña, 981182579 / 981184548)
b) Realizar os tratamentos fitosanitarios determinados polos servizos técnicos
oficiais.
c) Na aplicación dos tratamentos terase en conta a fase do cultivo e a lexislación
vixente.
d) Aos viveiros situadas nas zonas demarcadas solicitaráselle censo de especies
sensibles e de movementos de partidas.
e) Prohíbese o traslado ou movemento de todas as especias sensibles nas zonas
demarcadas.
f) Nos puntos de distribución as instalación cumprirán o protocolo de hixiene
previsto.

Os afectados polo organismo nocivo Psílido africano deberán prestar
toda a colaboración que sexa necesaria para levar a cabo as actuacións
que determine a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Así o incumprimento das obrigas poderá ser considerada infracción grave,
de acordo co artigo 55 da Lei 43/2002 do 20 de novembro de Sanidade
Vexetal, e consecuentemente o infractor poderá ser obxecto dunha
sanción de entre 3.001 e 120.00 euros, tal como establece o art. 58.1 da
antedita lei.