Bandos Informativos Bandos Informativos

Atrás

Bando Informativo sobre o Día das Diversidades Sexuais

O Concello de Rianxo, ao abeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias, súmase á celebración da data do 28 de xuño como Día das Diversidades Sexuais, no seu compromiso coa igualdade de dereitos de todas as persoas, sexa cal for a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero. Tamén xunto con outros 31 concellos da provincia sumámonos á Campaña de sensibilización provincial baixo o lema "Construíndo diversidade", pedindo RESPECTO, DIGNIDADE e AUTOESTIMA para todas as persoas.

Ano a ano son máis os concellos galegos que contribúen coas súas políticas á non discriminación de calquera colectivo. Sumámonos a este sentir común e animamos a unirse á visibilización desta causa a través da celebración de actos de apoio a esta xornada de reivindicación.

Nesta data, 28 de xuño, as cores do arco da vella, símbolo da diversidade sexual, lucirán diante de moitas casas consistoriais. A Deputación Provincial da Coruña, a Fegamp e o Concello de Rianxo animan tamén ás galegas e galegos a que se sumen aos actos programados nos seus municipios, nun chamado conxunto á igualdade e á diversidade.