Bandos Informativos Bandos Informativos

Atrás

Bando sobre a limpeza e roza de terreos das áreas de protección contra os lumes

ASUNTO: LIMPEZA E ROZA DE TERREOS.

REQUÍRESE ás persoas propietarias de terreos para que dean cumprimento ás obrigas de limpeza e, de maneira especial, para que manteñan permanentemente limpas as franxas de protección establecidas arredor do solo urbano, de núcleo rural, edificacións, vivendas
illadas e urbanizacións.

Polo tanto, antes do 31 de maio, as persoas propietarias teñen que limpar os seus terreos, de acordo co que se sinala de seguido:

  • Nos primeiros 15 m deben ter o terreo totalmente limpo, sen ningún tipo de árbore nin vexetación.
  • Dos 15 aos 50 m deben ter o terreo limpo de maleza e estrato arbustivo, e sen árbores das sinaladas na disposición adicional terceira da lei de montes (piñeiros, eucaliptos e acacias, ..).

Non obstante, as árbores permitidas (carballos, castañeiros, bidueiros, ameneiros, sobreiras...), deben estar nas condicións que sinala a normativa, a 7 metros unhas das outras e podadas (ata 11.4 metros podadas a 1/3 da altura, e maiores de 11,4 metros podadas a 4 metros).

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
  • Ordenanza Xeral de Limpeza e Medio Ambiente do Concello de Rianxo.
  • Lei 7/2012, de Montes de Galicia.
  • Lei 3/2007, do 9 de abril, que regula medidas relativas á Prevención de Incendios Forestais (Orde do 31 de xullo de 2007 da Consellería de Medio Rural).

CONTROL DAS OBRIGAS: a policía local denunciará a todas as persoas propietarias que teñan os seus terreos sen limpar, a partir do 1 de xuño.

Non obstante, aquelas propietarias que non foron nunca avisadas para limpar, serán requiridas, unha soa vez, para que limpen no prazo de quince días. Nos vindeiros anos xa non volverán ser avisadas.

SANCIÓNS: ata 6000 euros. En caso de incendio e de incumprir estas normativas podería imputárselles o custo dos traballos de extinción, así como outras responsabilidades ás que houbese lugar.

Seguinte