Bandos Informativos

- Bando Informativo sobre a campaña de control das normas sobre animais domésticos - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando Informativo sobre a campaña de control das normas sobre animais domésticos

A Lei 1/1993, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, o Decreto 153/98 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, e as Ordenanzas de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos, do Concello de Rianxo; establecen:

  1. A obrigatoriedade dos propietarios de todos os cans de levalos suxeitos con correa e con buceiro cando o fagan por espacios públicos.
  2. A obrigatoriedade dos propietarios de todos os cans de recoller os excrementos que os animais depositen nos espacios públicos, para o que deberán ir provistos dos elementos precisos para este fin.

Ante as queixas dos transeúntes por incumprimento das anteriores normas, a policía local  vai levar a cabo unha campaña de control destas normas, que inicialmente empezará polos cans perigosos e de mais tamaño.

A partir do día de hoxe e ata fin de mes, realizarán unha campaña informativa, advertíndolle os propietarios que incumpran as anteriores normas, das consecuencias da súa conduta, coa excepción dos propietarios de animais potencialmente perigosos, que teñen 48 horas para cumprir ó relativo á correa e buceiro.

A partir do día 1 de abril, tódolos propietarios de animais deben proceder a dar cumprimento das obrigas establecidas.

As sancións por estas infraccións poden chegar ata 3000 €.