Bandos Informativos

- Bando Informativo sobre a colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe a Manuel Antonio - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando Informativo sobre a colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe a Manuel Antonio

No ano 1935, un grupo de amigos e admiradores do poeta de Rianxo Manuel Antonio proxectaban unha homenaxe popular, por subscrición
pública, consistente na colocación dun monolito nas illas Malveiras. Hoxe retomamos a idea daquela frustrada homenaxe en lembranza de Manuel Antonio organizando unha viaxe literaria o vindeiro sábado 21 de marzo con saída en catamarán do porto ás 17.30 h., baixo as seguintes indicacións:

  • Haberá 50 prazas dispoñibles, que se adxudicaran por rigorosa orde de inscrición, para aqueles veciños e veciñas interesados en asistir.
  • A inscrición hai que facela ben persoalmente no Auditorio, ben no espazo específico da web do Concello, entre as 10:00 horas do martes día 17 e as 14:00 horas do xoves día 19.
  • Só se facilitará un billete por persoa.
  • Os inscritos serán confirmados por teléfono na tarde do 19 e poderán recoller o seu billete o mesmo sábado 21, entre as 11:00 e as 14:00 e entre as 16:00 e 17:00, no mostrador do Auditorio.

Con posterioridade, ás 20.30 h., teremos un recital de poesía no Auditorio de Rianxo no que participarán, entre outros/as: Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Marta Dacosta, F. R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Villar.