Bandos Informativos

- Bando Informativo sobre a contratación de oito persoas para o Servizo de vixiancia de Praias - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando Informativo sobre a contratación de oito persoas para o Servizo de vixiancia de Praias

O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito  persoas, composto por 1 Socorrista-coordenador e 7 Socorristas.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo dentro do programa operativo “adaptabilidade e emprego”(PO 2007 ES 05U PO 001).

As persoas interesadas en participar nos citados procesos selectivos deberán cumprir os requisitos establecidos na orde do 3 de maio de 2013 que establece as bases que regulan, para o exercicio 2013, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais.