Bandos Informativos

- Bando informativo sobre a posta en marcha do Portelo da Deputación Provincial - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre a posta en marcha do Portelo da Deputación Provincial

O Concello de Rianxo ven de asinar un Convenio coa Deputación Provincial da Coruña que permitirá a presentación de escritos pola veciñanza e colectivos de Rianxo dirixidos á entidade provincial ou a calquera dos seus órganos así como no tocante á documentación municipal que este concello precise remitir á Deputación.

Os prazos administrativos contarían unha vez achegada esa documentación no rexistro municipal e tería igual validez que se fose presentada no Rexistro da Deputación Provincial na Coruña, o mesmo que xa acontece coa Xunta de Galicia.

Entre as obrigas do concello sinalar que se admitirán os escritos dirixidos aos diferentes órganos da Deputación, o cotexo das copias que así se requiran, deixarase constancia nos rexistros da entrada deses escritos e remitiranse posteriormente á Deputación.

Entendemos é unha medida positiva para a veciñanza, pois avanza na creación dun portelo administrativo único que reduce os desprazamentos para realizar trámites coas diferentes administracións.

A isto iranse sumando cada vez novas xestións a través de ferramentas electrónicas para ser máis doada a relación cidadán-administración.