Bandos Informativos

- Bando Informativo sobre incidencias na recepción da TDT - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando Informativo sobre incidencias na recepción da TDT

O despregamento da nova tecnoloxía de telefonía móbil 4G prodúcese nunha banda de frecuencias que pode interferir coa Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Para evitar as posibles interferencias, os operadores de telefonía deben actuar nos edificios potencialmente afectados, adaptando as antenas.

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo pon a disposición da cidadanía un recurso gratuíto para resolver todas as reclamacións relativas a problemas coa recepción da TDT.

Se é vostede parte afectada por este cambio e deixou de recibir adecuadamente o sinal de televisión, pode pórse en contacto con este servizo habilitado en:

  • Teléfono:     900 833 999
  • Web:            www.llega800.es

De ser necesario, este servizo enviará unha empresa instaladora autorizada aos domicilios afectados que cursen reclamación para facérenlles a adaptación de forma gratuíta.