Bandos Informativos

- Bando informativo sobre o fraccionamento do IBI para o exercicio 2013 - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre o fraccionamento do IBI para o exercicio 2013

Co obxecto de facilitar o pago anual do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a 2013, informase da posibilidade de efectuar o pago en dous prazos.

Calquera titular dun inmoble e/ou propiedade pode facer uso desta posibilidade.

A solicitude efectuarase antes do 28 de febreiro.

O fraccionamento realizarase en dúas cotas a cobrar mediante domiciliación bancaria, cuxos vencementos serán o día 10 dos meses de xuño e setembro deste ano 2013.

Os titulares que non soliciten o fraccionamento continuarán co sistema de pago único a realizar de setembro a novembro polo importe total.

Poderá solicitar o impreso de solicitude, así como recabar toda a información precisa, na oficina de Recadación do Concello (praza Castelao, Edificio Colón, 5- 7 1oE).