Bandos Informativos

- Bando sobre a Noite de San Xoán - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando sobre a Noite de San Xoán

Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a tódolos rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza.

Ao estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma:

  • Non se cortarán árbores vivas, nin pólas das mesmas, para face-las fogueiras.
  • Non se queimarán pneumáticos, aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido ou materiais.
  • As fogueiras situaranse afastadas de vexetación, masas forestais e/ou edificacións, e non poderán situarse en praias ou pavimentos e chan susceptibles de deterioro polo efecto do calor (pedra, superficies pintadas, etc.). No caso de asfalto e cemento so se poderán facer con protección do chan mediante a colocación dunha chapa de ferro de 2 cm. mínimo de grosor ou con 10 cm. de area.
  • Os organizadores da fogueira deberán contar cuns medios de extinción, mínimos pero suficientes, para o seu uso inmediato no caso de ser preciso.
  • Unha vez rematada a festa, os organizadores deberán deixar libre de calquera resto (cinzas, materiais de combustión, outros restos, etc.) a zona utilizada para o desenvolvemento da fogueira.
  • Cada fogueira deberá ter un responsable que deixará os seus datos indentificativos e de contacto (así como información sobre o lugar de desenvolvemento, actividades a realizar, etc.) na servizo de información do concello.
  • Para casos de incendio ou outras emerxencias,  contactarase coa Policía Local nos teléfonos:

981 86 06 25  ou  609 86 22 22

Apelo ó civismo de organizacións e participantes para garantir unha axeitada seguridade e garantir o disfrute da veciñanza.