Bandos Informativos

- Bando sobre axudas urxentes de tipo social para evitar o corte de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando sobre axudas urxentes de tipo social para evitar o corte de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de
tipo social (AUXS) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas
economicamente máis vulnerables

REQUISITOS

  • Ter a consideración de consumidora vulnerable severa segundo o establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017.
  • Persoas cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano).
  • Ter facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite do pagamento, teñan ou non a subministración interrompida.
  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidora vulnerable severa, para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.
  • Estar en risco de exclusión social.
  • Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei de subvencións.

TIPO DE AXUDA

Os gastos subvencionables serán o 50% do importe das facturas de electricidade ou gas natural correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e que foran emitidas antes do 15 de decembro de 2018. O importe máximo é de 250 €/ano, ou de 400 €/ano no caso de familias numerosas.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

  • Presentación por vía electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e https://sede.xunta.gal
  • De maneira presencial en calquera dos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
  • Nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 17 de decembro de 2018

MÁIS INFORMACIÓN

  • Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
  • Teléfonos de información: 981 957 024, 981 545 587 e 981 545 574
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estrada de Tanxil, 12. Tf.: 981 860 061 / concelloderianxo.gal)