Bandos Informativos

- Bando sobre o cobramento voluntario da taxa polo servizo de RECOLLIDA DE LIXO do segundo cuadrimestre de 2018 - concelloderianxo

Bandos Informativos

Bando sobre o cobramento voluntario da taxa polo servizo de RECOLLIDA DE LIXO do segundo cuadrimestre de 2018

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 1 de setembro do exercicio 2018, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:
  • Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ao segundo cuadrimestre de 2018

Lugares de Ingreso: oficinas de Abanca e resto de entidades colaboradoras.

O cargo das domiciliacións realizarase na seguinte data:

  • Taxa de recollida de lixo, segundo cuadrimestre de 2018: 6 de xullo de 2018

Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras, enviaranse por correo ordinario aos domicilios das persoas contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime ás contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se alguén non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste concello.

Unha vez que se esgote o prazo do período voluntario, os débitos non satisfeitos quedarán incursos automaticamente: primeiro, na recarga executiva do cinco por cento; segundo, na recarga de prema reducida do dez por cento; e terceiro, na recarga ordinaria do vinte por cento e xuros de demora. Nese caso procederase ao seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento, de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.