Bandos Informativos

Bandos Informativos - concelloderianxo

Bandos Informativos

En xullo de 2012 entrou en vigor o chamado Canon da Auga que a Xunta de Galicia obriga a poñer ao cobro dentro dos recibos municipais. Considérase neste canon que por defecto cada vivenda ten 3 persoas, co que os 6 primeiros metros cúbicos de cada mes de consumo non se pagan (sí o resto). NAQUELAS VIVENDAS ONDE O NÚMERO DE PERSOAS QUE VIVAN NA VIVENDA SEXA SUPERIOR A 3 PERSOAS, PODERÁN...

No Diario Oficial de Galicia de data 28 de agosto de 2012, publícase o Decreto 174/2012, de 27 de agosto, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que terá lugar o domingo día 21 de Outubro de 2012. En cumprimento coa Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, nas oficinas municipais, en horario de 9 a...

Veciños e veciñas, celebramos unha vez máis o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, data na que nos recoñecemos todos e todas como pobo, coa nosa identidade e historia, coa nosa língua, baixo a nosa bandeira. Son símbolos que nos dan forza colectiva e que hoxe deben ser tamén o alicerce da resistencia cívica ao desmantelamento de todo o sistema de estado do benestar. Un 25 de xullo hoxe...

O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito persoas, composto por 1...

Achegándose a NOITE DE SAN XOÁN, animo a tódolos rianxeiros e rianxeiras a disfrutar da mesma, no marco do espírito participativo e comunitario que a caracteriza. Ó estar fundamentalmente centrada nas fogueiras e cacharelas, (elementos indispensables da festa, pero con certos riscos), establécense as seguintes normas e recomendacións para un axeitado e seguro desenvolvemento da mesma: ...

Durante o período comprendido entre o 2 de xullo  e o 3 de setembro do exercicio 2012, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar o cobramento en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2012 Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia...

O Concello de Rianxo publicou hoxe o anuncio para a creación de dúas listas de contratación temporal para o persoal de limpeza de praias, unha para PEÓNS e unha para TRACTORISTAS. As instancias para participar nestas listas poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación a ter en conta en cada caso. O prazo para...

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS LIXEIROS (MMA max. 3.500 kg) E VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (sen carga) prestará servizos neste Concello durante os días 6 e 9 de xullo de 2012, co seguinte horario: día 6 mañá: de 09:00 a 13:30 horas tarde: de 15:15 a 18:00 horas día 9 mañá: de 09:00 a 13:30 horas Estará instalada no lugar de costume, na rúa Pazo de Rianxiño, e...

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do Cheque infantil (DOG n.º 102, 30/05/2012) Persoas beneficiarias: Poderanse beneficiar desta axuda as persoas que teñan ó seu cargo menores nacidos con posterioridade ó 31 de decembro de 2009 e se atopen nalgún dos...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 51 - 59 de 59 resultados.