Biblioteca Municipal

- Contacontos Kenka un kenko - concelloderianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Contacontos Kenka un kenko

Sesión de contacontos para bebés entre 6 meses e 4 anos.

Incrición previa:
biblioteca@concelloderianxo.gal
981 860 272 – 667 185 581 ou no enlace https://forms.gle/B5bPCvL4QTjZ6crt7

​​​​​​​Na propia biblioteca municipal

Cris de Caldas, como contadora, acompañada de  Xabi do Camiño que pon a nota musical

Kenka un kenko! pediu a nena.

Kenka un kenko!! berrou a nena.

Kenka un kenko!!! chorou a nena.

E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu.

Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas verbas tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto. Un ou dous ou tres…

Ese momento tan fermoso, no final do día, no que os cativos reclaman unha historia que os acompañe nos sonos, é o xerme deste espectáculo que mestura contos, retrousos, adiviñas, literatura infantil e tradición oral e música en directo.

Duración: 35 minutos, aproximadamente.