Data de publicación 27/05/16 14:13
Despois do gran éxito e da cantidade de peticións que recibimos voltamos a facer unha actividade para nenos de 0 a 3 anos.
Sábado 4 de xuño as 11:30h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo.
Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos.
Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1 acompañante.
"Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integrada música en directo e literatura infantil. Os cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barrigiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Mais información:
Mail: biblioteca@concelloderianxo.gal
Telf: 981 860 272 -- 667 185 581
