Biblioteca Municipal

- EbookDicoruna na Feira do libro de Rianxo - concelloderianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

EbookDicoruna na Feira do libro de Rianxo

O próximo sábado día 23 de Xullo a Biblioteca da Deputación da Coruña e a nosa Biblioteca van a asistir á Feira do libro de Rianxo para animar á lectura e difundir a plataforma de libros electrónicos ‪#‎EbookDicoruna‬

A Feira do Libro estará instalada na Praza Castelao e as actividades da Biblioteca da Deputación terán lugar na "Carpa de Actividades" que nos cede a Federación de Libreiros.

- "Nós contamos" é un obradoiro de animación á lectura para rapaces de 3 a 8 anos, que terá lugar en varias sesións, dende as 18:30 ás 21:00. Amosaremos ós rapaces conceptos como a reciclaxe, a amor á natureza e a solidaridade cos demáis.
Achegamos asímesmo, unha guía de lectura sobre esta temática, que podedes consultar tanto na Biblioteca Pública Municipal "Castelao" de Rianxo na web:http://concelloderianxo.gal/biblioteca coma na Biblioteca da Deputación da Coruña


Familia, diversidade cultural e ecoloxía. Guía de lectura from Bibliotecadicoruna

- Presentación da plataforma #Ebookdicoruna, de préstamo de contidos dixitais para os usuarios das bibliotecas da Provincia, entre as 19:15 e as 19:30.

Non o perdades!!..pasaremos un anaquiño divertido