Biblioteca Municipal Biblioteca Municipal

Atrás

Teatro para nenos e nenas: O ratiño presumido

O próximo sábado 16 de xuño, na Biblioteca Pública Municipal Castelao, ás 12.00 h; terá lugar a representación teatral O RATIÑO PRESUMIDO, a cargo da Compañía do Trinketrinke. A obra faise unha version propia do conto popular, dramatizado coa colaboración do público. Os conductores das actividades para nenos e nenas de 3 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade.