Biblioteca Municipal

HORARIOS - concelloderianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Día da Biblioteca. Mércores 24 de outubro as 18:30 celebraremos o día da Biblioteca con Pablísimo e o contacontos O Paroleiro Save Save

Descubre o mundo dos Booktubers. Es maior de 14 anos ou adult@. Reserva a túa para no obradoiro de Booktubers do próximo venres 19 de outubro as 18:00h. Pódes incribirte no seguinte formulario. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScL5N-g-4blM_j3KNRYaTFMNowRQVT2ZxHbkxmhjPPLCFZrRg/viewform?usp=sf_link   Save

Contos Pop-Up con Fátima Fernández o sábado 6 de outubro as 12:00h. na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Contacontos infantil ilustrado para cativos entre 3 e 7 anos a cargo de Anxo Fariña

A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA. Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua. A actividade desenvolverase na...

Obradoiros literarios de verán da Residencia de escritoras/es Presentamos conxuntamente dous dos obradoiros literarios que serán realizados este verán, entre os meses de agosto e setembro, ofrecidos polo escritor arxentino Pablo Sanguinetti e o narrador navarro Javier Serena. Dúas das catro persoas participantes na convocatoria estival do Programa de Residencias de escritoras/es e...

"Song of myself / Canto de min mesmo" é un obradoiro de escrita conducido polo poeta irlandés Keith Payne, como parte das actividades realizadas dentro do programa da Residencia de Escritoras/es, organizado por Axóxere Editora e o Concello de Rianxo. O escritor, gran impulsor da oralidade no feito poético, inspirado pola antiga liñaxe irlandesa dos *seanchaí* (cantores errantes que percorrían o...

“CONTANDO CON ROSALÍA”, CONTOS E POESÍA PARA O APEGO O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837. A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito...

Presentación do libro "Na Butaca" de Esther Carrodeguas, o sábado 17 de febreiro ás 12.00 h, na Biblioteca Municipal de Rianxo. Entrada ata completar capacidade.

Na Biblioteca Municipal de Rianxo estamos facendo axustes técnicos para integrarnos no sistema de préstamo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Por este motivo, entre o 23 e o 26 de xaneiro abriremos ao público só en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.   Desculpen as molestias.

Presentación da guía de lectura: “Tempo de acivros, tempo de libros” no Auditorio de Rianxo. Venres 15 de decembro, ás 19:00 h. Acompañaranos Fran Núñez, de Limiar Teatro.

Día da Biblioteca. O martes 24 de outubro, ás 18:00 h Artur Trillo contaranos o conto de "Rosa Caramelo" e moitos máis, nun espectáculo teatral baseado nos contos de Adela Turín editados por Kalandraka.

Marcelo Barbosa Alcaraz dará unha conferencia na Biblioteca Municipal o venres 23 de xuño, ás 20:00 h: "Do silencio. Aspectos filosóficos e políticos"   E tamén un seminario os días 23, 24 e 25 no Cuartel Vello de Rianxo. Para completar a información pódese consultar o cartel.    

O sábado 10 de xuño, ás 12:00 h, a Biblioteca Municipal de Rianxo acollerá o espectáculo baseado nos contos de Carlos Casares: A Viaxe de Toribio.

Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesma?? Obradoiro de Submarinos. Sábado 13 de maio, ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesmo?? Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para intentar comprender o concepto de...

O próximo sábado 22 de abril as 12:ooh. Celebraremos o "Día do Libro" Raquel Queizás traeranos Romaría. Contos e lendas da nosa terra. Para nen@s a partir de 3 anos. Entrada ata completar aforo. Save

Como todas as galiñas do mundo. Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Traemos unha ducia a Biblioteca? Sábado 1 de abril a partir das 12:00h teremos un Contacontos+Obradoiro . Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil. E necesario inscrición previa neste enlace ou na propia biblioteca. ...

Sábado 11 de febreiro as 12:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo sairán contos a moreas dun baúl que nos traerá Cris de Caldas. #rianxo #contos #nonquedesnacasa #apego    

Prensentación da guía de lectura 2016  "Tempo de acivros, tempo de libros" no Auditorio de Rianxo. Venres 16 de decembro as 19:00. Coa participación: CEIP A.D.R Castelao de Rianxo CEIP Ana Mª Diéguez de Asados CEP X.Mª Brea Segade de Taragoña Biblioteca Municipal de Rianxo  

Sábado 26 entre as 11:00 e as 13:00 Juanma LoDo e Esther Carro d’Eguas. Conseguirán que o rap esté en tódolos recunchos da Biblioteca Municipal de Rianxo. Reservade praza. servizossociais@concelloderianxo.gal / 981860061

Este venres 11 de novembro as 20:30 na Biblioteca Municipal de Rianxo Teatralización e presentación do poemario "A violencia dun sorriso" Colaboran: A panadaría, Deputación de A Coruña, Implicadas/os no Desenvolvemento Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo

Sábado 22 de outubro as 12:00. Petiscos musicais a cargo  "Os Tres tenedores" OS TRES TENedORES son un grupo de animación musical infantil que une música, teatro e humor, dirixido a un público infantil e familiar Especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo dente, que se convertirán nos nosos protagonistas principais.

Programación da Feira do Libro de Rianxo. Dende o xoves 21 e o domingo 24 de xullo.

O próximo sábado día 23 de Xullo a Biblioteca da Deputación da Coruña e a nosa Biblioteca van a asistir á Feira do libro de Rianxo para animar á lectura e difundir a plataforma de libros electrónicos ‪#‎EbookDicoruna‬ A Feira do Libro estará instalada na Praza Castelao e as actividades da Biblioteca da Deputación terán lugar na "Carpa de Actividades" que nos cede a Federación de Libreiros. -...

Xoves 7 de xullo as 21:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Presentación do libro Voaxa e Carmín de Esther F. Carrodeguas.    

O grupo musical, Xardín desordenado preséntanos. Manuel María entre amigos. Un recital poético-musical. Venres 17 de xuño as 20:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo

Roteiro poético pola ribeira do Mar de Quintáns " Versos mariñeiros" Sábado 4 de xuño as 17:00h saída dende a escola de Quintáns.

Despois do gran éxito e da cantidade de peticións que recibimos voltamos a facer unha actividade para nenos de 0 a 3 anos. Sábado 4 de xuño as 11:30h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1...

Apertura da exposición "As revistas dos anos 20" que temos no Fondo Local de Rianxo. Presentación do volume 32 da Revista Murguía co monográfico sobre As Irmandades da Fala. Coa presenza do seu director Uxio-Breogán Dieguez. Interpretación musical da Aula Uned-Senior e o grupo musical Barahunda. Lugar: Biblioteca Municipal de Rianxo Data: 3 de xuño as 20:30h Organiza: Biblioteca Municipal...

Sábado 7 de maio as 12:00. Presentación do libro "Unha escola nas nubes" a cargo da escritora María José Gulín Rodríguez e Antía Barba Mariño.  

Sábado 16 de abril as 12:00h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1 acompañante.   "Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integrada música en directo...

Sábado 5 de marzo as 12:00h teremos o contacontos "Contiario" a cargo de Páblisimo. Recomendado para nen@s de entre 4 e 9 anos.

Contacontos e presentación do libro " O zapateiro no bosque". Coa autora do libro María José Gulín Rodríguez e a ilustradora Antía Barba Mariño Lugar: Biblioteca Municipal de Rianxo Día: Sábado 20 de febreiro. Hora: 12:00h

A compañía Elefante Elegante, achegarase á Biblioteca Pública Castelao con O Aviador, unha proposta familiar destinada a un público infantil, a partir de 3 anos; terá lugar o sábado 16 de xaneiro, ás 12.00 horas. O Aviador Elefante Elegante

O venres 11 de decembro as 19:00horas no auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros, tempo de libros". Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música. Neste acto participan: C.E.I.P   A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P.   Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P.    Xosé Mª Brea Segade de Taragoña ...

Obradoiro para crianza de 0 a 6 anos.(acompañados dunha persoa adulta). Estes sábado 28 de 11:00 a 13:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo.  

VENRES 23 DE OUTUBRO 19.00 h   -   Biblioteca Pública "Castelao" CONTACONTOS FAMILIAR: Por que é salgada a auga do mar por Os Quinquilláns A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas, pero ela fai...

O vindeiro venres 5 de xuño, ás 19.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Contario a cargo de Pablisimo. O contacontos está destinado a un público familiar e recomendado para nenos e nenas de 4 a 9 anos.

O venres 12 de decembro as 19:00 no Auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros Tempo de libros".  Na creación e na presentación coloran todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo. C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P. Brea Segade de Taragoña I.E.S Félix Muriel de Rianxo C.R.A....

Este venres 7 as 18:00 horas. "Contos entre fío" Animate a participar e descubrir o que pode dar de si a tradición oral.

O vindeiro venres 24 de outubro teremos un montón de actividades na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Aqui vai un avance. ** LEMBRADE QUE PARA VIR PASALA NOITE A BIBLIOTECA TENDES QUE INSCRIBIRVOS POR QUE AS PRAZAS SON LIMITADAS

O venres 24 de outubro as 18:00h. Na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Teremos a Magin Blanco con Libros en-cantados.

Venres 6 de xuño as 19:00hora. Na praza Rafael Dieste. Contacontos e música coa Tropa de Trapo con "Antía, Wamba e o regato pequeno" (contos para todo o mundo e para un mundo de todos)   No caso de condicións metereolóxicas adversas realizarase na Biblioteca Municipal Castelao.

Venres 30 de maio as 19:00h. Na biblioteca Municipal de Rianxo. "O Misterio do Pirata Benito Soto", Un caso moi difícil de resolver para Investigadora Pe, e o seu inseparable can Magnum na que o colectivo Polo Correo do Vento mesturará a narración oral coa ilustración e que rematará cun obradoiro de debuxo de temática pirata. 

O sábado 24 de maio as 12:00 teremos a Xosé Duncán facendo a presentación do libro "A porta de Annwn" o segundo libro da triloxía das "As Cróncicas de Bran".   Ademais temos unha exposición de láminas con debuxos e textos dos dous libros da triloxia. "As crónicas de Bran". Pasa a visitala.

Sábado 26 de abril as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contacontos Familiar "Pastoreando alegrías" a cargo de Carmen Domech. Gran titiriteira.    

O mécores 2 de abril celebraremos na Biblioteca Municipal de Rianxo o “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”. Asi que a partir das 18:00h. Teremos unha actividade de: BOOKCROSSING.Faceremos unha solta de libros por diferentes sitios de Rianxo. Animádevos a participar.

ESTA VEZ SIIII..... AINDA QUE CAIAN CHUZOS DE PUNTA O venres 21 de marzo a partir das 17:00 horas na Biblioteca Municipal de Rianxo. Teremos unha tarde chea de actividades en colaboración co Clube de lectura infantil da Anpa Cra Rianxo Irmáns Ínsua do CRA de Rianxo. Temos moitas ganas de que sea unha gran tarde. Estades tod@s invidad@s.

Venres 10 de maio as 19:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo.  Contacontos a cargo de Pablo Pablísimo.

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 54 resultados.