Biblioteca Municipal

HORARIOS - concelloderianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

O venres 24 de outubro as 18:00h. Na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Teremos a Magin Blanco con Libros en-cantados.

Venres 6 de xuño as 19:00hora. Na praza Rafael Dieste. Contacontos e música coa Tropa de Trapo con "Antía, Wamba e o regato pequeno" (contos para todo o mundo e para un mundo de todos)   No caso de condicións metereolóxicas adversas realizarase na Biblioteca Municipal Castelao.

Venres 30 de maio as 19:00h. Na biblioteca Municipal de Rianxo. "O Misterio do Pirata Benito Soto", Un caso moi difícil de resolver para Investigadora Pe, e o seu inseparable can Magnum na que o colectivo Polo Correo do Vento mesturará a narración oral coa ilustración e que rematará cun obradoiro de debuxo de temática pirata. 

O sábado 24 de maio as 12:00 teremos a Xosé Duncán facendo a presentación do libro "A porta de Annwn" o segundo libro da triloxía das "As Cróncicas de Bran".   Ademais temos unha exposición de láminas con debuxos e textos dos dous libros da triloxia. "As crónicas de Bran". Pasa a visitala.

Sábado 26 de abril as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contacontos Familiar "Pastoreando alegrías" a cargo de Carmen Domech. Gran titiriteira.    

O mécores 2 de abril celebraremos na Biblioteca Municipal de Rianxo o “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”. Asi que a partir das 18:00h. Teremos unha actividade de: BOOKCROSSING.Faceremos unha solta de libros por diferentes sitios de Rianxo. Animádevos a participar.

ESTA VEZ SIIII..... AINDA QUE CAIAN CHUZOS DE PUNTA O venres 21 de marzo a partir das 17:00 horas na Biblioteca Municipal de Rianxo. Teremos unha tarde chea de actividades en colaboración co Clube de lectura infantil da Anpa Cra Rianxo Irmáns Ínsua do CRA de Rianxo. Temos moitas ganas de que sea unha gran tarde. Estades tod@s invidad@s.

Venres 10 de maio as 19:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo.  Contacontos a cargo de Pablo Pablísimo.

Actividades de Animación a lectura na Biblioteca Municipal de Rianxo. Hoxe martes 23 de abril para celebrar o "Día do libro" comezamos o programa de actividades "Mergúllate na lectura" que se vai prolongar durante tres días mais.  Martes 23, xoves 26, martes 30 de Abril e xoves 2 de Maio de 17:30 a 19:00

Como vimos facendo nos últimos anos nestas datas, as Bibliotecas escolares e a Biblioteca Municipal do municipio de Rianxo. Xuntamonos para ofrecervos unha selección de libros, música, ... Descarga da Guía de Lectura  

O próximo sábado 16 de xuño, na Biblioteca Pública Municipal Castelao, ás 12.00 h; terá lugar a representación teatral O RATIÑO PRESUMIDO, a cargo da Compañía do Trinketrinke. A obra faise unha version propia do conto popular, dramatizado coa colaboración do público. Os conductores das actividades para nenos e nenas de 3 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que...

No marco do Programa Letras Vivas da Rede de Bibliotecas de Galicia van desenvolverse na Biblioteca Pública Municipal dúas propostas diferentes: Recital didáctico. Todas as nosas letras. Elvira Riveiro Tobío, o venres 18 de maio, 20.30 h, dirixido ao público adulto. Elvira Riveiro realizará un percorrido lírico de 1963 a 2012, conmemorando os 50 anos do Día das Letras Galegas a través de...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 51 - 62 de 62 resultados.