Contactos Campamento 2017 Contactos Campamento 2017

campamento2017@concelloderianxo.gal

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza de Castelao, s/n. Rianxo

Campamento Urbano e Deportivo 2017 Campamento Urbano e Deportivo 2017


 

Aviso Fin de prazo de inscrición

 

Ás 12 h pechouse o prazo de inscrición do Campamento. O número de solicitudes foi de 149, polo que adxudícaselle praza de xeito directo a todos os solicitantes dentro do prazo establecido, non sendo preciso realizar sorteo.

No Plan Madruga, o número de solicitudes foi de 15, polo que tamén se lle adxudica praza de xeito directo a todos os solicitantes.

Publicamos listaxe cos admitidos. De non figurar na mesma tedes os días 26 e 27 de xuño para presentar unha reclamación.

Listaxe admitidos/as CAMPAMENTO 2017

Listaxe admitidos Plan Madruga

As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 26 de xuño adxudicaranse por orde de inscrición en data e hora, ata completar as 175 prazas. Remitirase un correo electrónico ou chamada telefónica para  confirmar a praza.

Completadas as prazas, as inscricións pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva, segundo o estipulado no regulamento da actividade.

Matrícula e abono de cota

Do 28 ao 30 de xuño

Para formalizar a inscrición debedes presentar a seguinte documentación:

  • Xustificante do pagamento. Poderedes recoller o recibo de pago, a partires do 28 de xuño, no Servizo de Deportes (Cuartel Vello), no Servizo de Xuventude (Auditorio) ou pedir que vos remitamos unha copia por correo electrónico. O pagamento poderá facerse en calquera entidade bancaria, ben na oficina, caixeiro ou por banca electrónica.

  • Xustificante médico, no seu caso.

A documentación presentarase no Servizo de Xuventude, no Servizo de Deportes ou a través do correo electrónico campamento2017@concelloderianxo.gal.

De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila co reserva correspondente.

GRUPOS

O venres 30 de xullo publicaranse os grupos e toda a información relativa ao campamento: temática, actividades, recomendacións, ...

Tamén se informara dos grupos e horarios para os participantes nas Actividades lúdicas de piscina e da realización do pagamento.

 

Información Xeral

Calendario de actividades
Do 3 de xullo ao 14 de agosto

Horario
De luns a venres de 10:30 a 13:30 h.

Destinatarios
Nenos e nenas nados entre o 2005 e o 2013, ambos inclusive.

Lugar
Colexio "CEIP A.D.R. Castelao" Rianxo e Pavillón Polideportivo.

Prazas
175

Cota de Inscrición
60 € por todo o campamento. Dous irmáns, 50 €. 3 ou mais irmáns, 45 € cada un.

No caso de que o participante comece o campamento despois do 10 de xullo, e como resultado de cubrir unha praza que produciu baixa, o prezo do campamento será de 45 euros.

Opción Plan Madruga

Actividades recreativas e de entretemento, de intensidade suave (non acuáticas), na Piscina Municipal e Pavillón Polideportivo, de luns a venres de 08:30 a 10:30 h.

Prazas: 30. Cota de Inscrición: 10 €.

É imprescindible participar no Campamento para obter praza no Plan Madruga. As 30  prazas adxudicaranse seguindo o regulamento e prazos do Campamento Urbano e Deportivo 2017. Para inscribirse, na solicitude do campamento, marcar a opción Plan Madruga.

Opción Actividades lúdicas na piscina

Actividades lúdicas no medio acuático, na Piscina Municipal, 1 hora cada quince días, dentro do horario do campamento. O grupo e horarios determinarase cando se completen as inscricións. Prezo: 6 euros.

Para inscribirse, na solicitude do campamento, marcar a opción Actividades Lúdicas na piscina. O aboamento realizarase, directamente na piscina, unha vez se establezan os grupos e horarios.

Regulamento e Inscricións

Calendario inscrición

  • Presentación de solicitudes de inscrición:
    das 10 h. do día 19 de xuño ás 12 h. do 26 de xuño.
  • Publicación dos listaxes dos solicitantes:
    26 de xuño
  • Presentación de reclamacións:
    26 e 27 de xuño
  • Sorteo, no caso de ser necesario:
    28 de xuño
  • Matrícula e abono da cota:
    29 e 30 de xuño
  • Publicación das listaxes de participantes e grupos:
    30 de xuño
  • Inicio Campamento

          3 de xullo

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse, do 19 ao 26 de xuño (ata as 12 h), en:

Todas as solicitudes presentadas a partir desta data non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada no mesmo.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións
O día 26 de xuño publicaranse na web do Concello e nos taboleiros dos Servizos de Deportes e Xuventude as listaxes das persoas que solicitan praza no Campamento. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización da publicación dos datos persoais do solicitante.

As reclamacións a estas listaxes poderán presentaranse os días 26 e 27 de xuño nas oficinas de Xuventude, na de Deportes ou por correo electrónico  a campamento2017@concelloderianxo.gal, no modelo de Solicitude Xeral do Concello.

Adxudicación de prazas
A adxudicación pode ser:

1. Por adxudicación directa se ao remate do prazo de inscrición (26 de xuño ás 12 h.) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:

  • Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes no prazo.
  • As prazas, ata completar as 175 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir das 12 horas do día 26, por orde de inscrición en data e hora.
  • Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.


2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Este sorteo xerará tamén unha listaxe de espera.

Os/as solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría co seu propio número.

O día 28 de xuño publicaranse na web do Concello e nos taboleiros dos Servizos de Deportes e Xuventude as listaxes das persoas admitidas e as de reserva.

A praza é intransferible.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlle ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante, mediante unha chamada telefónica. A efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 30 de de xuño.

Chamarase ao interesado un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14 h. do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.

A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas
As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 29 e o 30 de xuño, ambos inclusive. De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila co reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento.
  • Xustificante médico, no seu caso.

A documentación presentarase no  Servizo de Xuventude, no Servizo de Deportes ou a través do correo electrónico campamento2017@concelloderianxo.gal

Devolución da cota
Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade ou quixera darse de baixa no transcurso da primeira semana (do 3 ao 7 de xullo), só terá dereito á devolución da cota no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada antes das 14 h. do día 7 de xullo. O reintegro da cota terá uns gastos de xestión, quedando a devolución en 45 euros.

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

Queixas e suxestións
As persoas adxudicatarias poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do campamento ou no momento do seu remate.

Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.

Protección de datos
Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos. En ningún caso estes datos serán cedidos a terceiros nin utilizados con outra finalidade. Garántense os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación por calquera medio legal, no Rexistro Xeral do Concello: Praza Castelao 1, 15920 Rianxo.