Campamento urbano e deportivo 2019

Campamento urbano e deportivo 2019 - concelloderianxo

Contactos Campamento 2019

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Campamento Urbano e Deportivo 2019

Blog do campamento

Podes seguir a actualidade do campamento dende o blog: rianxo.gal/campamento2019

Pagamento de recibos

Os recibos non estarán dispoñibles ata maña 2 de xullo. Poderedes recollelos nas oficinas de Deportes e Xuventude, na propia reunión de maña 2 de xullo ou mandaranse por correo electrónico a todos aqueles que xa o solicitades.

Poderase efectuar o pago dos recibos ao longo de toda esta semana, non se ten que realizar maña.

Grazas e desculpade as molestias

​​​​​​​

Prazas cubertas

As prazas para o campamento xa están cubertas. As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 24 de xuño, que non participaron no sorteo, están na listaxe de reserva, en orde de inscrición, segundo o estipulado no regulamento da actividade.

No caso de producirse baixas, chamaremos por orde da listaxe para ofertar esas prazas.

Recordamos as persoas admitidas que maña martes 2 de xullo celebraremos unha reunión informativa no Auditorio de Rianxo ás 12:00 horas.

Resultado do sorteo

Hoxe ás 10:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, realizouse o sorteo público das prazas do Campamento Urbano e Deportivo Rianxo 2019.

 

As persoas con praza adxudicada terán que facer o aboamento do importe de matrícula. Para realizar este pagamento, teredes que solicitar a carta de pagamento ben por correo electrónico ou en papel nas Oficinas de Xuventude ou Deportes. Os recibos estarán dispoñibles a partir do luns 1 de xullo.

Para as persoas que están en reserva, tal como se recolle no regulamento, chamaráselle unha vez haxa praza.

Pregamos a aqueles que resultaron adxudicatarios de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen a maior brevidade para poder axilizar o listado de reserva.

As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 24 de xuño,que non participaron no sorteo, pasarán a formar parte da listaxe de reserva, en orde de inscrición, segundo o estipulado no regulamento da actividade.

 

Procedemento de adxudicación

Despois das xestións cos departamentos interesados, lamentablemente non vai ser posible ampliar as prazas para todas as solicitudes, tendo que realizar o sorteo como estaba previsto no regulamento de inscrición.

Realizarase o sorteo, mediante medios informáticos, o xoves 27 ás 10:00 h, no Salón de Plenos do Concello.

O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática deseñada polo departamento de informática do Concello, publicada na URL https://concelloderianxo.gal/sorteos. O código da aplicación está publicado na mesma URL para a súa auditoría pública

 

Publicación de inscricións

Publicamos o listado de inscricións no Campamento coas opcións de transporte e Plan Madruga. Revisa e si detectas algún erro, podes presentar unha reclamación nas oficinas de Xuventude, na de Deportes ou por correo electrónico  a campamento@concelloderianxo.gal.

O número total de inscrición foi de 232, superando as prazas ofertadas. O Concello está estudando a posibilidade de que todos os inscritos participen no campamento.

Debido a isto, ao longo de mañá, 25 de xuño, publicarase o procedemento de adxudicación, ben sexa mediante sorteo ou, se finalmente é posible, por adxudicación directa de todos os participantes.-

Aviso Fin de prazo de inscrición

Ás 12 h pechouse o prazo de inscrición do Campamento. En breve publicaremos o listado de inscricións e o procedemento de adxudicación.

As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 24 de xuño pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva, segundo o estipulado no regulamento da actividade.

 

 

Información Xeral

Actividades
Obradoiros, multideporte, manualidades, animación á lectura, teatro, música. Saídas pola vila, festas e acampada.

Calendario de actividades
Do 3 de xullo ao 14 de agosto

Horario
De luns a venres de 10:30 a 13:30 h.

Destinatarios
Rapazada nacida entre 2007 e 2015, ambos inclusive.

Lugar
Pazo de Rianxiño

Prazas
175

Cota de Inscrición
60 € por todo o campamento. Dous irmáns, 50 €. 3 ou mais irmáns, 45 € cada un.

No caso de que o participante comece o campamento despois do 9 de xullo, e como resultado de cubrir unha praza que produciu baixa, o prezo do campamento será de 45 euros.

Opción Plan Madruga
Actividades recreativas e de entretemento, de luns a venres de 08:30 a 10:30 h, no Pazo de Rianxiño.

Prazas: 30. Cota de Inscrición: 10 €.

É imprescindible participar no Campamento para obter praza no Plan Madruga. As 30 prazas adxudicaranse seguindo o regulamento e prazos do Campamento Urbano e Deportivo 2019.

Para inscribirse, na solicitude do campamento, marcar a opción Plan Madruga.

 

Regulamento e Inscricións

Calendario inscrición

  • Presentación de solicitudes de inscrición:
    das 10 h. do día 17 de xuño ás 12 h. do 24 de xuño.
  • Publicación dos listaxes dos solicitantes:
    24 de xuño
  • Presentación de reclamacións:
    24 e 25 de xuño
  • Sorteo, no caso de ser necesario:
    25 de xuño
  • Matrícula e abono da cota:
    26 de xuño a 1 de xullo
  • Publicación das listaxes de participantes e grupos:
    2 de xullo
  • Reunión de presentación:
    2 de xullo, ás 12 h, no Auditorio de Rianxo     
  • Inicio Campamento
    3 de xullo

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse, do 17 ao 24 de xuño (ata as 12 h), en:

  • Formulario inscrición en liña (luns 17 ás 10 h)
  • Oficina de Xuventude, no Auditorio Municipal
  • Oficina do Servizo de Deportes, no Cuartel Vello

Todas as solicitudes presentadas a partir desta data non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada no mesmo.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións
​​​​​​​​​​​
O día 24 de xuño publicaranse na web do Concello e nos taboleiros dos Servizos de Deportes e Xuventude as listaxes das persoas que solicitan praza no Campamento. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización da publicación dos datos persoais do solicitante.

As reclamacións a estas listaxes poderán presentaranse os días 24 e 25 de xuño (ata ás 13h) nas oficinas de Xuventude, na de Deportes ou por correo electrónico  a campamento@concelloderianxo.gal, no modelo de Solicitude Xeral do Concello.

Adxudicación de prazas
A adxudicación pode ser:

1. Por adxudicación directa se ao remate do prazo de inscrición (24 de xuño ás 12 h.) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:

  • Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes no prazo.
  • As prazas, ata completar as 175 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir das 12 horas do día 24, por orde de inscrición en data e hora.
  • Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.


2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Este sorteo xerará tamén unha listaxe de espera.

Os/as solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría co seu propio número.

O día 25 de xuño publicaranse na web do Concello e nos taboleiros dos Servizos de Deportes e Xuventude as listaxes das persoas admitidas e as de reserva.

A praza é intransferible.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlle ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante, mediante unha chamada telefónica. A efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 02 de xullo.

Chamarase ao interesado un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14 h. do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.

A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas
As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 26 de xuño ata 1 de xullo, ambos inclusive. De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila co reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento
  • Xustificante médico, no seu caso.

A documentación presentarase no  Servizo de Xuventude, no Servizo de Deportes ou a través do correo electrónico campamento@concelloderianxo.gal

Devolución da cota
Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade ou quixera darse de baixa no transcurso da primeira semana (do 3 ao 9 de xullo), só terá dereito á devolución da cota no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada antes das 14 h. do día 9 de xullo. O reintegro da cota terá uns gastos de xestión, quedando a devolución en 45 euros.

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

 

Servizo de Autobús

Ofrecese dúas liñas de servizo de autobús para o Campamento. O Plan Madruga non contará con servizo de autobús.

  • liña 1: Isorna e Leiro: Bacariza - Seixiñal - Regueiro - Ponte Catoira - Veiga - Isorna - Palleiro - Rial - Leiro - Abuín - Brión - Pedreira.
  • liña 2: Taragoña, Araño, Asados: Burata - Xordo - Soto - Bar Central - Campo de Pazos - Chorente - Outeiro - Casilla - Nueva Era - Carballo - Miráns - Buía - Foxacos (Bar Barbanza) - Burés (cruce) - Marquesa - Cruceiro - Atalaia - Montegrande - Barraca - Pazo.

O servizo deberá ser solicitado no momento da inscrición, sinalando a parada.

Unha vez establecidos os usuarios/as, e antes de que comece o campamento, publicaranse no blog o horario de cada parada. No caso de que o autobús chegue a parada antes de hora, esperará á hora establecida para continuar.

O autobús contará con servizo de acompañante.

Queixas e suxestións
As persoas adxudicatarias poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do campamento ou no momento do seu remate.

Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.

Protección de datos
Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos. En ningún caso estes datos serán cedidos a terceiros nin utilizados con outra finalidade. Garántense os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación por calquera medio legal, no Rexistro Xeral do Concello: Praza Castelao 1, 15920 Rianxo.