Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Atrás

Os praceiros do Mercado municipal de Rianxo premian aos seus clientes con cheques de compra

Na mañá de hoxe procedeuse ao primeiro sorteo da campaña " Presume de praceira e praceiro 2013 " no Mercado Municipal de Rianxo.

Os premiados foron elexidos ao azar entre todos os cupóns previamente depositados polos clientes na urna instalada no propio mercado.

O primeiro premio con un valor de 75€ foi para Purificación Lojo Tubío, o segundo de 50€ para Sara Calvo Vicente e o terceiro con 25€ para Rosa Cebreiro Galbán. As tres persoas premiadas xa foron informadas telefonicamente  ao momento, indicándoselle que os cheques serán cambiables únicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras, tendo unha validez que caduca o próximo 31 de maio.

No sorteo, ademais dos praceiros e clientes, estivo un representante da Dirección Xeral de Comercio, da Xunta de Galicia, o alcalde, Adolfo Muiños, e o Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Comercio, Carlos Gey.

Posta en marcha pola Xunta de Galicia coa colaboración do concello de Rianxo, a campaña forma parte dunha estratexia para potenciar as prazas de abastos locais, tendo continuidade ata o próximo tres de maio, data na que se celebrará o segundo sorteo previsto.

O praceiro ou praceira favorita dos clientes do Mercado Municipal de Rianxo será a que corresponda ao posto máis votado.

Anterior