Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Atrás

VII Programa de emprendemento agroalimentario

A Fundación Juana de Vega pon en marcha a convocatoria do VII Programa de emprendemento agroalimentario.

Qué é o programa de emprendemento agroalimentario?

É un programa de apoio ao deseño, desenvolvemento e implantación de iniciativas e proxectos empresariais innovadores nos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así como proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, que contribúan ao desenvolvemento do medio rural de Galicia.

Cal é o seu obxectivo?

Axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.

Quen pode participar?

Emprendedores con proxectos de:

  • Empresas de nova creación ou en fase de lanzamento.
  • Sucesión e recuperación de empresas e explotacións familiares.
  • Posta en valor de activos rurais improdutivos.
  • Empresas que desexen poñer no mercado novos productos ou servizos innovadores.

Como se desenvolve?

  1. Obradoiro de ideas: Obradoiro de ideas empresariais de caracter selectivo de 10 horas de duración (32 prazas - xaneiro 2019)
  2. Desenvolvemento do proxecto: As mellores ideas empresariais recibirán asesoramento para desenvolver o seu PLAN DE EMPRESA (10 prazas - de febreiro a xullo 2019)
  3. Posta en marcha do proxecto: Axuda ao lanzamento da empresa ao mercado: IMPLANTACIÓN (10 prazas - de setembro a novembro 2019)

Para máis información consulta as bases do programa en:

Seguinte