Desenvolvemento local

Desenvolvemento local - concelloderianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

O vindeiro mércores, Primeiro de maio, celébrase a homenaxe ás persoas falecidas no mar. Todos os anos se homenaxea a dúas das persoas falecidas, e fan a ofrenda familiares próximos en recordo dos seus. O acto de homenaxe consistirá na ofrenda dunha coroa de loureiro no monumento aos Afogados no Parque Galicia, para posteriormente celebrar unha misa, e rematarase co lanzamento-ofrenda ao mar...

A Fundación Juana de Vega pon en marcha a convocatoria do VII Programa de emprendemento agroalimentario. Qué é o programa de emprendemento agroalimentario? É un programa de apoio ao deseño, desenvolvemento e implantación de iniciativas e proxectos empresariais innovadores nos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así como proxectos de base tecnolóxica e servizos...

A Consellería de Medio Rural vén de convocar unha liña de axudas para proxectos cooperativos no rural que inclúen: a posta en marcha de “laboratorios cooperativos” no rural (iniciativas de formación, identificación de oportunidades e asesoramento ás persoas emprendedoras), e o apoio a proxectos empresariais colectivos. A creación de laboratorios cooperativos pode ser solicitada por Concellos,...

A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Adelina Cés Quintáns, fixo onte a entrega de diplomas ao alumnado participante no curso de venda electrónica EMPEZAR A VENDER EN INTERNET, desenvolvido dentro da campaña “En Rianxo, ao noso xeito”, organizado por esa concellaría e mais o Servizo de Normalización Lingüística. A formación foi impartida por Agustín Pérez,...

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado luns 28 de maio as bases do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que inclúe incentivos de ata 12.000 € para promover entre as pemes, micropemes e persoas autónomas a obtención de certificados...

O INICIO DO CURSO TRASLÁDASE AO VENRES 11 DE MAIO Amplíase o prazo de inscrición neste curso ata o vindeiro xoves 10 de maio.   A Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística organizan unha nova actividade de dinamización dentro da campaña “En Rianxo, ao noso xeito”. Trátase dunha actividade formativa titulada EMPEZAR A VENDER EN INTERNET, que está...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar axudas ás empresas  para a contratación de persoas desempregadas menores de 30 anos. O obxecto da convocatoria é facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e...

O curso de “Aperitivos sinxelos con produtos tradicionais”, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística, rematou a pasada semana. Esta actividade estaba destinada aos establecementos hostaleiros rianxeiros que participan na campaña EN RIANXO, AO NOSO XEITO, coa intención de axudar ao persoal da hostalaría a elaborar diferentes aperitivos,...

Ata o 19 de xaneiro pódense solicitar os postos vacantes de adxudicación directa na praza de abastos de Rianxo.   Máis información en: contratacion@concelloderianxo.gal ou no teléfono 667115020.

Unha carpa chea de ledicia e de cousas doces que se espalla polas rúas, prazas e parroquias e que leva a alegría do Nadal tenda por tenda, casa por casa, local por local, nunha proposta pensada para conciliar e estimular o comercio local. PRAZA DE CASTELAO Do 27 ao 31 de decembro de 2017, e os días 2 e 3 de xaneiro de 2018. Unha carpa de Nadal está a piques de aterrar na Praza de Castelao, no...

Queres facer a túa propia web de vendas? Gustaríache vender os teus produtos en liña? Queres coñecer o perfil da túa clientela en liña? Sabes como elixir un bo provedor tecnolóxico? Queres coñecer sistemas de fidelización de vendas? TERÁS TODAS AS RESPOSTAS ASISITINDO AO CURSO QUE CHE OFRECE O CONCELLO DE RIANXO ...

Desde o mes de marzo do pasado ano, a Concellalía de Desenvolvendo Local, coa axuda da empresa IMPLICATUM e os técnicos de turismo e medio ambiente; levou a cabo unhas mesas de traballo co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial do concello, sen esquencer a presencia activa da Asociación Rianxeira de Empresarios. No día de onte, tivo lugar a presentación das conclusións extraídas, das cales...

No BOP de A Coruña de 16/01/2017 publicáronse as bases reguladoras que rexen os incentivos á contratación para PEMES. Deixámosvos o seguinte enlace de cara a ampliar a información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/01/16/2017_0000000230html

Durante 4 días, dende o martes 27 ao venres 30, o Pequeno Circo de Nadal estará instalado na carpa da Praza Castelao para festexar as festas máis doces do ano!!! Pasarrúas, obradoiros, representacións teatrais e coreográficas! Contos, gastronomía, cantigas, gaiteiros/as, panxoliñas, acrobacias e mil e unha actividades da man da Concellaría de Promoción Económica, Desenvolvemento Local,...

ARTE URBÁN NO NADAL RIANXEIRO Dende a concellalía de turismo,comercio e desenvolvemento local, deixámosvos esta imaxe de cara a que identifiques os apalpadores que fican por distintos recunchos da nosa vila. ANÍMATE A ATOPALOS E MANDA CANTOS MAIS SELFIES MELLOR AO SEGUINTE ENLACE: https://www.facebook.com/events/576713975785689

O concello de Rianxo a través da súa concellalía de turismo, comercio e desenvolvemento local, ENTRE OUTRAS ACTIVIADES QUE LOGO VOS ANUNCIAREMOS, trae á nosa vila nada mais e nada menos que aos BOLECHAS que estarán connosco na PRAZA DE ABASTOS o vindeiro XOVES 22 dende as 16:00 horas.... NON VOS ESQUENZADES, XA QUE É O PRIMEIRO DÍA DAS VACACIÓNS DE NADAL AGARDÁMOSVOS!!!!!!

    A partires de hoxe ONDIÑAS MAINAS E CELIA LILIANA ALFAYA comenzarán a desenvolver os seus proxectos de decoración das rúas da vila, posto que foron as propostas aceptadas do certame de decoración  "NADAL NO RUEIRO" Dende a concellalía de comercio desexámoslle ÁNIMO E SORTE!!!!!!!

O Concello de Rianxo organiza a SEMANA DA PATELA do o 6 ó 11 de decembro, coa fin de dar a coñecer os produtos do noso mar, en especial do Bou de Vara, promover o consumo de produtos do mar e en xeral fomentar a nosa cultura mariñeira. Ademais de obradoiros e actuacións musicais, organizarase o concurso Patela Chef do que se publican as bases: Bases do concurso Patela Chef Inscrición no...

A I FEIRA DE OUTONO celebrada hoxe na praza de abastos e/ou mercado municipal resultou todo un éxito..... Grazas á participación dos foros ecolóxicos polo Barbanza, a D'PEPA, aos praceior@s que adornaron os seus postos, aos rapaces e mestres que se achegaron e participaron nas actividades de animación....e como non, a todas aquelas persoas que mercaron os productos da nosa terra e mar.....

Desde o mes de marzo, a Concellalía de Desenvolvendo Local, coa axuda da empresa IMPLICATUM e os técnicos de turismo e medio ambiente; está a levar a cabo unhas mesas de traballo co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial do concello, sen esquencer a presencia activa da Asociación Rianxeira de Empresarios. A finalidade das mesmas e a extración de conclusións que axuden a definir futuras liñas...

Deixámosvos este cartaz informativo dirixido a aquelas persoas interesadas na realización de cursos para obter o CARNÉ BÁSICO DE MANIPULADOR-APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS  

Dende a agrupación de desenvolvemento local DELOA, á que pertence como socio o Concello de Rianxo, vaise proceder á contratación dun/ha técnico/a e dun/ha xerente para o desenvolvemento do novo programa LEADER, podedes consultar as bases no seguinte enlace: Bases do proceso selectivo Se tedes algunha dúbida ao respecto, podedes contactar con Natalia no teléfono 667 185 576.

O Concello de Rianxo organiza unha xornada informativa sobre a posta en marcha do Centro de Emprendemento, dirixido a persoas emprendedoras, o 27 de maio ás 19:30h na Aula Activa do Mar.

Dentro do programa internacional "Quere o teu mercado", o concello de Rianxo vén desenvolvendo unha serie de actividades. A primeira foi realizada o pasado 4 de maio cos escolares do CEIP Castelao, coa colaboración da Escola Galega de Consumo. Facebook da campaña: https://www.facebook.com/quereoteumercado/ http://www.quereoteumercado.gal/mercado/

Mercado de Nadal na Praza de Rafael Dieste o 23 e 24 de decembro de 11 a 14 e de 16 a 20h, para promocionar a artesanía e produtos locais. Haberá obradoiros e actuacións.

Programa completo de actividades do Nadal 2015 en Rianxo.

Do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, servizo gratuíto de ata dúas horas diarias de Ludoteca con manualidades, xogos, contos e outras actividades.

Adianto da programación das actividades de Nadal para impulsar o comercio local: ruadas polas parroquias, mercado de nadal, actuación musical, showcooking, e ludoteca.

Reportaxe publicitaria do polígono industrial de Rianxo emitida por Canal Rías Baixas

O Concello de Rianxo organiza os actos do PRIMEIRO DE MAIO EN RIANXO – DÍA DA XENTE DO MAR, que se desenvolverán o vindeiro venres, 1 de maio, segundo o seguinte programa: 10:30 h. Alborada a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo 11:30 h. no Parque Galicia, Ofrenda Floral co Coro Santa Columba. 12:00 h. na Capela de San Bartolomeu, Misa de Campaña co Coro Santa Columba e Ofrenda Marítima nas...

Rianxo organiza os actos do Primeiro de Maiod edicados á Xente do Mar. Pola mañá organizarase unha homenaxe aos rianxeiros falecidos no mar cunha ofrenda floral e misa de campaña. Pola tarde, celebrarase un festival de música e baile tradicionais.

O servizo de Comercio do Concello de Rianxo organiza "Ludonadal: regala comercio local", unha proposta coa que se pretende favorecer as compras no comercio local.  Mentras realizas as túas compras, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludonadal, onde realizarán manualidades, contos, xogos e moitas outras sorpresas. A actividade desenvolveráse os días 23,24, 26, 27, 28,...

Programa de acros do Primeiro de maio, Día da Xente do Mar en Rianxo.

Na mañá de hoxe procedeuse ao primeiro sorteo da campaña " Presume de praceira e praceiro 2013 " no Mercado Municipal de Rianxo. Os premiados foron elexidos ao azar entre todos os cupóns previamente depositados polos clientes na urna instalada no propio mercado. O primeiro premio con un valor de 75€ foi para Purificación Lojo Tubío, o segundo de 50€ para Sara Calvo Vicente e o terceiro...

— Resultados por páxina
Mostrando 35 resultados.