Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: Memorias das memorias dun neno labrego a cargo de Cándido Pazó

Cándido Pazó en Memorias das memorias dun neno labrego, o vindeiro venres 10 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo.

Recomendada para maiores de 12 anos.

Entrada de balde ata completar aforo. Máximo 2 entradas por persoa. Retirada unha hora antes do comezo da función.

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno Labrego”: En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada.