Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

XORNADA: Ti tamén formas parte do TDAH

O próximo venres 24 de novembro, a partir das 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a xornada "Ti tamén formas parte do TDAH (trastorno por déficit de atención-hiperactividade)"

O obxectivo da xornada, é profundar e tamén dar a coñecer o TDAH con e sen hiperactividade, como un dos Trastornos do Neurodesenvolvemento máis frecuente pero pouco recoñecido, que require dun tratamento multidisciplinal. SANITARIO-EDUCATIVO-FAMILIAR-INDIVIDUAL. Por todo isto, trataranse os problemas asociados a este trastorno como son: a falta de atención, impulsividade, fracaso escolar, o estado de frustación, a autoestima, a inadaptación persoal e social... entre outros moitos, facendo mención especial á IMPORTANCIA DA INTEGRACIÓN E INCLUSIÓN destes nenos e nenas na sociedade e no sistema educativo.
Abordaranse varias disciplinas implicadas no TDA-H e nos trastornos asociados como: neuropediatría, psicoloxía, pedagoxía, educación, así como a importancia do deporte e de moitas actividades na vida dos nenos e nenas que sofren este trastorno. TODOS SOMOS PARTE DO TDAH.

Ás 19.30 h dará comezo a  xornada "Ti tamén formas parte do TDAH" coas seguintes actividades:

OBRADOIRO DE TÉCNICA METAMÓRFICA
Indicada para nenas e nenos, e adultos con estados de estrés e ansiedade, falta de autoestima, depresión e problemas de atención. E para todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer en que consiste esta terapia, así como os seus beneficios e a súa eficacia.

EXPOSICIÓNS
Contarase con dúas pequenas exposicións para dar maior visibilidade ao TDAH. Nunha amosaranse unhas pequenas obras de nenos/as anónimos/as diagnosticados de TDAH, dislexia, e na que se intentará chegar o máis adentro posible aos seus sentimentos. E noutra amosarase a cara pública do TDAH mediante rostros coñecidos como actores, deportistas, cantantes, fundadores de grandes empresas, etc.

Ás 20.30 horas realizarase a CONFERENCIA a cargo das seguintes relatoras:

  • LOURDES SANZ VILLANUEVA: presidenta da ASOCIACIÓN TDAH SALNÉS, pero por enriba de todo nai dun rapaz exemplar diagnosticado co TDAH.
  • PAULA FERNÁNDEZ RIVAS: licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, formación de postgrao en Psicoloxía Clínica e da Saúde; terapeuta de conduta con experiencia nas intervencións cognitivo-conductuais na infancia e adolescencia; especialista en Terapias Contextuais pola Universidade de Almería; graduada en Mindfulness e Autocompaixón polo “CENTER FOR MSC” de San Diego. Ampla traxectoria profesional no ámbito da adopción internacional.
  • VICTOR ARUFE GIRÁLDEZ: docente na Universidade da Coruña, que impartiu numerosas conferencias por diferentes países e publicou moitos artigos e varios libros. Autor do Blog EDUCACIÓN, INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO, con máis de 100.000 visitas ao ano. O máis destacable do seu currículo, segundo el mesmo, é a súa paixón pola formación contínua, e confesa que cada ano realiza unha media de 5 cursos de formación e goza de formación multidisciplinar que lle ofreza a posibilidade de afrontar diferentes problemas no día a día, tanto no ámbito da investigación como no da docencia. Nominado aos Premios EDUCA ABANCA como mellor Docente de España 2017.
  • FDEZ & CASTRO: Gabinete Psicopedagóxico que nace co obxectivo de ofrecer un servizo orientado á prevención, detección e tratamento das posibles necesidades educativas que poden presentar as crianzas e adolescentes ao longo das diferentes etapas de aprendizaxe, co obxectivo de acadar un desenvolvemento axeitado en todas as áreas.
  • XABI ALCONERO: natural do País Vasco e residente en Madrid, é un autor polifacético que exerce en diferentes áreas como guionista, director, organizador e creador de DISASTER PARTY, compositor, deseñador, publicista, creativo, inventor de xogos, ou escritor de novelas. Contaranos a súa historia máis persoal sendo diagnosticado de TDAH e Altas Capacidades, así como a súa experiencia nas relacións coa sociedade e co sistema educativo.

Para todos os nenos e nenas das persoas asistentes ofrécese un SERVIZO DE OBRADOIRO (con reserva previa), gratuíto e con límite de inscricións.

A xornada, de balde, vai dirixida a profesionais da sanidade, mestres/as, educadores/as, logopedas, orientadores/as, alumnado, monitorado de escolas deportivas, nais e pais de crianzas afectadas de TDAH, así como todas aquelas persoas que se sintan parte do trastorno, ou que estean interesadas.

É preciso inscribirse previamente para poder acudir á xornada (para o obradoiro metamórfico, para a conferencia e para o servizo de obradoiro para os nenos e nenas). Do 1 ao 22 de novembro,  poderase facer unha prereserva de maneira moi sinxela:

  • No enderezo electrónico tdahsalnes@gmail.com da Asociación TDAH-SALNÉS , indicando nome, apelidos do solicitante e da persoa acompañante (máximo 2 reservas de adulto e indicando a maiores a asistencia de menores ) e un número de teléfono de contacto.
  • No teléfono 658 238 472

(Aínda que a PRERESERVA non é imprescindible, é moi recomendable, posto que as PRAZAS SON LIMITADAS)

A prereserva retirarase no mostrador do auditorio entre as 19.00 h e as 20.00 h do venres 24 de novembro. De non recollela nese horario, perderase o dereito sobre esta, e pasará a ser ocupada por outra persoa que o desexe.

A dirección e coordinación da xornada corre a cargo dos compoñentes da directiva da Asociación TDAH-Salnés coa colaboración do Concello de Rianxo.


Máis información e contacto na Asociación TDAH SALNES (Pavillón Castelao,13-1º andar, 36630 Vilagarcía de Arousa; no correo electrónico tdahsalnes@gmail.com, ou no teléf.: 658238472).