Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

III Certame Audiovisual de Curtas "Alberto Romero"

Xa se poden consultar as bases do III Certame Audiovisual Alberto Romero, organizado pola Asociación Cultural Alberto Romero e as ANPAs dos centros educativos de Arousa Norte, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Mancomunidade de municipios Arousa Norte.

O certame está dirixido a calquera estudante ou grupo de estudantes de todos os centros de primaria (cursos 5º e 6º), secundaria (ESO), bacharelato, e persoas usuarias de centros de diversidade funcional dos concellos da mancomunidade Arousa Norte. Tamén haberá unha categoría libre aberta a toda Galicia para todas aquelas persoas ou grupos de persoas que desexen participar e non entren en ningunha das categorías anteriores (estudantes ou non). Cada participante, grupo ou centro poderá inscribir tantos traballos como desexe.