Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

TEATRO: Romeo e Xulieta no Centros Social do Araño

O Día das Letras Galegas, xoves 17 de maio, ás oito do serán, no Centro Social do Araño, o grupo de teatro Airiños de Asados interpretará a obra Romeo e Xulieta, unha adaptación de Esther F. Carrodeguas a partir do clásico de Shakespeare.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Recomendada para todos os públicos.

Teatro Airiños atrévese este ano co clásico de Shakespeare, Romeo e Xulieta, pero, por suposto, para darlle unha volta e levalo ao terreo que mellor dominan: a comedia. En todo caso, esta estrafalaria versión dunha das, posiblemente, obras máis representadas de todos os tempos, manterá a súa esencia: enfrontamentos entre familias que se odian, amor eterno da última xeración, loitas en escena, e sobre todo, moita música. Unha obra para desfrutar só ou en familia que nos recordará, coma sempre en Shakespeare, que a vida é amor… pero tamén odios.