Data de publicación 25/10/18 13:37
O sábado 3 de novembro, Xoán Curiel e a Banda do Verán achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo musical A Casa do Terror. A proposta comezará ás 19.00 horas.
Destinatarios: público infantil, nenos e nenas a partir de 4 anos.
Entrada de balde ata completar capacidade. Poderán retirarse dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa).
Priorizarase a entrada do público recomendado, repartíndose unha entrada para un adulto por neno.a. Se antes de que comece a función quedan butacas baleiras poderán ser ocupadas por todas as persoas interesadas en ver o espectáculo.
Proposta enmarcada dentro da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña.
“A Casa do Terror” é un espectáculo infantil explosivo e moi rico e atractivo musical e visualmente; ademais de moi participativo. No mesmo, mesturamos a música e a danza con elementos teatrais ou de clown.
Despois do éxito obtido co seu anterior espectáculo musical infantil: “Estamos no verán!!!”, nace un novo espectáculo onde música, teatro, danza e coreografías, farán que o público asistente cante, baile e sobre todo participe dun xeito “terroríficamente divertido”.
Estilos como o funk, o rock clásico, o pop, o reggae, o swing atópanse neste espectáculo para nenos e nenas e público familiar.
Sitio web Xoan Curiel.
