Educación e Cultura

- CABALGATA DE REIS 2019 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

CABALGATA DE REIS 2019

Achégase a noite máis máxica do ano, a noite de Reis.

O sábado 5 de xaneiro recibiremos as súas maxestades en Rianxo, cunha gran CABALGATA DE REIS.

  • Dende as 17.30 horas na Praza Castelao realizarse un Belén Vivinte coa ambientación a cargo da Asociación Fogo Fatuo.
  • Ás 18.45 está previsto que os Reis cheguen ao Porto de Rianxo onde subirán ás carrozas reais e desfilarán por diferentes lugares da nosa vila ( Porto - Paseo da Ribeira - Rúa Rosalía de Castro - Rúa dos Mestres - Rúa Irmáns Insua - Rúa Rinlo  e Praza de Castelao). Estarán acompañados polas agrupacións musicais Vai de Roda, Banda de Gaitas Buxaina e Panxoliñas Surfing. Animación de rúa con Barafunda.
  • Na Praza de Castelao realizarase a ofrenda ante o Belén e a posterior recepción na Casa do Concello polas autoridades locais. Reparto de caramelos para os nenos e nenas.
  • Remate co seguinte percorrido: Rúa de Abaixo, Praza de Rafael Dieste e Rúa de Paio Gómez Chariño.

Agradecer a todas as entidades, empresas, particulares etc., que colaboraron para que esta cabalgata sexa posible.