Data de publicación 9/02/19 19:44
O vindeiro venres 15 de febreiro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a proxección da webserie A Partida de Voufilms.
A entrada é de balde ata completar capacidade.
A partida conta a historia de catro homes e dúas mulleres que coinciden nunha partida clandestina de póker na busca dunha oportunidade para refacer as súas vidas. Utilizando o recurso dos flashbacks irase coñecendo o pasado de todos os protagonistas e entendendo como chegaron a esa situación, facilitando a comprensión a medida que se desenvolve o xogo. A serie mantén a intriga e a tensión desde o minuto un ata o final.
Máis información no facebook de Vou fims
