Educación e Cultura

- TEATRO: Carpe Diem, a cargo de Excéntricas - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO: Carpe Diem, a cargo de Excéntricas

O próximo xoves 21 de febreiro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a preestrea de Carpe Diem, o novo espectáculo de Excéntricas.

Recomendada para un público maior de 16 anos.

Duración 90 minutos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Esta función forma parte do programa de Residencias artísticas que o Concello de Rianxo vén desenvolvendo dende hai uns anos, co que mostra o seu apoio e colaboración na montaxe de novas producións teatrais.

CARPE DIEM é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos máis excitantes contos do maior autor vivo na nosa lingua: Rubem Fonseca.
A anécdota é cinematográfica: unha muller e un home coñécense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados. Con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rutina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente. É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasía do cinema e as obrigas conxugais desenvólvese este drama escaldante. No palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluir nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, se cría.