Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ENTROIDO RIANXEIRO 2019: aprazamento do domingo de entroido e do enterro do Toribiño

Dende a Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo vémonos na obriga de aprazar as actividades programadas no Entroido Rianxeiro: as previstas para o domingo de entroido e para o mércores de entroido, mudando a data para o domingo 10 de marzo.

Esta decisión tómase tendo en conta as predicións meteorolóxicas adversas previstas, consultadas en diferentes fontes, para a tarde do domingo 3 de marzo así como tamén polas propias propostas previstas, o certame de carrozas, sorteo de agasallos e enterro do Toribiño. Sobre todo para as carrozas o vento e a chuvia non son bos elementos.

As actividades previstas para o sábado e martes de entroido mantéñense na Carpa da Praza Castelao.