Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

A cultura rianxeira está de noraboa

Nestes días chegaron a Rianxo varios premios e mencións no eido cultural polo bo traballo dos rianxeiros e rianxeiras.

- A Banda da Escola de Música de Rianxo acaba de gañar o 1º premio na sección segunda no X Certame Galego de Bandas de Música.

 

Imaxe da actuación do pasado domingo 27 de novembro no Auditorio de Galicia (fotografía obtida no facebook da Banda da Escola de Música de Rianxo)

- As rianxeiras Lali Agrelo e Marta Neira que forman parte do equipo coordinado por Blanca Roig Rechou  recibiron o Premio da Crítica Galicia na modalidade de Investigación pola obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (Xerais).

- A rianxeira de adopción Maria do Cebreiro coa obra O Deserto (Apiario) recibeu o Premio da Crítica Galicia na modalidade de Creación Literaria.

Na imaxe gráfica podemos ver ás premiadas, Lali Agrelo e Marta Neira, así como a Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade (pais de Maria do Cebreiro) (fotografía obtida no facebook de Valentín García)

Tamén especial mención a:

- Iago Hermo, pola composición para o documental Antártida presentado por Carlos Caraglia no II Congreso IANC
- Antón Alcalde, polo estreno americano da súa segunda sinfonía a cargo da "Utah State University Wind Orchestra", dirixida polo mestre Thomas P. Roher
- Sabela Galbán Rodríguez Rianxeira pola actuación como frautista solista coa Banda Municipal de A Coruña baixo a dirección de David Fiuza (premio do concurso de xóvenes intérpretes organizado polo Conservatorio Superior De Música A Coruña e a Banda Municipal da Coruña)