Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

A galiña azul de Carlos Casares por Fran Rei na Feira do Libro de Rianxo

agfdsa

O sábado 22 de xullo, a Feira do Libro de Rianxo comeza coa actuación de Fram Rei que representa a súa nova produción A galiña azul de Carlos Casares.

A Galiña Azul é un espectáculo creado a partir da popular obra infantil de Carlos Casares. Na súa liña habitual, Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos Casares creara para que a pequena Ana “non esquecese nunca que é galega”. Ana era unha rapaza de sete anos que, como tantas outras daquela, marchara cos seus pais fóra de Galicia.

Ademais de compartir espazo con referencias doutras obras e da biografía do autor ourensán, neste espectáculo entrelázanse as cinco historias que compoñen A Galiña Azul: O peixe da fonte do xardín, A bomba da felicidade, A galiña azul, A formiga esquiadora e O final da historia da galiña azul. Cinco contos fantásticos nos que comparten protagonismo animais e homes con características peculiares e carácter entrañable.

A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.