Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ACTOS CASTELAO 18: proxección do documental SITIO DISTINTO

No Cuartel Vello, o sábado 27 de xaneiro ás 19.00 horas, terá lugar a proxección do filme documental: SITIO DISTINTO. Tamén haberá un coloquio posterior co director Davide Cabaleiro.

Este documental é unha viaxe desde finais do século XIX ata a actualidade para entender por que chegaron os galegos a Euskal Herria. E, sobre todo, por que quedaron. E como esa decisión xerou que ambos os pobos se atopen e creen xuntos a nivel musical, literario, social e cultural.

Como eses inmigrantes chegaron a un sitio distinto e como crearon barrios que acabaron por converterse en sitios distintos para autóctonos. Outra lingua, outros costumes, outra cultura que termina por atoparse coa cultura e lingua vasca.