Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: TERAPIA DE BAR, por Aturuxo de Melpómene

A II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego continua esta fin de semana, o venres 6 de outubro ás 21.00 horas. Nesta ocasión ocupa o escenario da Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o grupo O Aturuxo de Melpómene coa obra Terapia de Bar.

Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta e cinco minutos.

A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

O bar "Da Costa" non está na costa. É un bar perdido no medio do monte onde rara vez para ninguén. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e polo seu desequilibrio psÍquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios culpables de todos os males do ser humano.
Cada cliente que teña a mala sorte de entrar comprobará nas súas carnes as terribles terapias que lles aplicarán os "salvadores": acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose ou exorcismos con litros de licor café. Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que tamén pode eliminar ó paciente.


A asociación teatral "O Aturuxo de Melpómene" constitúese o 24 de abril do ano 2007 en Narón por iniciativa dun grupo de 13 alumnas e alumnos da Escola de Teatro de Narón. O seu principal obxectivo era crear unha entidade propia que promovese os proxectos e o traballo en conxunto no ámbito teatral.
Entre os seus eidos de traballo destacan a creación, deseño, montaxe e realización de espectáculos teatrais; a formación tanto de membros actuais do grupo como de futuras incorporacións; e outras actividades complementarias.
Contan con varios premios e recoñecementos como o Lugris Freire na Mostra de Teatro de Sada, o 3o premio de monólogos en Pontedeume ou o premio ó mellor espectáculo no Certame de Teatro Candilejas Don Bosco.