Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: GRETEL, por Teatro do Imprevisto

O sábado 7 de outubro, ás 21.00 horas, dende Boiro, achégase Teatro do Imprevisto ao Auditorio de Rianxo para representar Gretel, dentro da II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.

Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta e cinco minutos.

A entrada ten un custo de 2 €, á venda na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

Todo o mundo sabe como remata o conto de Hansel e Gretel... Todo o mundo pensa que sabe como remata o conto de Hansel e Gretel.
Entre as verbas, nas liñas das páxinas do conto orixinal, entrevense pequenos buracos nos que se agocha información que nunca foi contada. E Teatro do Improvisto está aquí para desenmarañar eses puntos escuros da historia. Porque detrás do conto infantil, ocúltase a verdadeira historia a relatar. Isto é... Gretel.


Teatro do Improvisto nace tras a organización dun taller de teatro en colaboración coa Deputación da Coruña en outubro de 1994, que tivo como colofón a obra "Así é se vos parece" de Pirandello. Os integrantes decidiron nese momento formar un grupo de teatro. Durante a súa traxectoria o grupo contou con diversos directores como Artur Trillo, Toño Casais (ambos premio María Casares). Actualmente o grupo está integrado por oito actores e actrices e o director, cun abano de idades dende os 18 ata os 77 anos. O director, Gustavo Dieste, leva á cabeza do grupo dende o 2009 e tamén colabora como mestre de teatro en institutos e como dramaturgo.