Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: peche da mostra con XOGO DE XOIAS, pola Agrupación Teatral Criaturas

O domingo 8 de outubro a II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego chega ao seu fin. Ás 20.30 horas comezará o peche que continuará coa representación teatral de Xogo de Xoias, a cargo da Agrupación Teatral Criaturas.

Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de setenta e cinco minutos.

A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

O Nadal, unha época de paz, felicidade e pensamentos positivos para un mesmo e o próximo. Alicia e Damián, para tratar de animar ó seu sobriño Xesús tras a morte da súa muller, deciden ir pasar as festas ós Ancares. En canto saen pola porta, Ana, a súa empregada do fogar, levará a cabo o seu maléfico plan: desplumalos axudada pola súa moza Berta. O que non saben é que non son as únicas que queren sacar tallada, senon que outros personaxes pasarán pola casa dos nosos protagonistas
para intentar roubar unhas xoias que... quizáis non sexan tan boas como parecen.
Humor, golpes, "propinas", panxoliñas, febres tifoideas e moitos momós serán o fío conductor dunha historia ó máis puro estilo dos oitenta.


A A.T. Criaturas nace no ano 2011 no seo do I.E.S. "Félix Muriel" de Rianxo; a partir das inquedanzas dun grupo de rapaces e rapazas co afán de facer chegar o teatro á xente nova, sempre máis desvinculada deste tipo de espectáculos.
Con posterioridade, independízanse baixo o amparo da Asociación Cultural e Xuvenil "Toxo Bravo", comezando a súa andaina en solitario ata o día de hoxe. Cun elenco comprendido entre os 16 e os 28 anos, trata de levar un sorriso ó público por medio da comedia e unha linguaxe sinxela, cunha mensaxe clara e propia do día a día.