Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: Arturo, Arthur, Artur, polo grupo de teatro Down Compostela

Arturo, Arthur, Artur é o título da peza teatral que o grupo de teatro Down Compostela trae á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 30 de setembro, ás 20.30 horas, dentro da II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego.

Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta minutos.

As entradas teñen un custo de 2 € e poderanse adquirir na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

O rei Arturo é un gobernante xusto, capaz de reunir baixo o seu mando a homes e mulleres que estaban en loita constante, traendo paz e prosperidade. É un lider criado, educado e aconsellado por un sabio que lle marca o camiño da orde e da virtude. Imaxinemos por un momento que houbese un pais así, no que o seu máximo dirixente sexa unha persoa honrada, rodeada dun equipo de goberno no que todos mandan por igual, no que só importan os coñecementos e a honestidade para ocupar o cargo. Non iriamos correndo a ese país para ter paz, seguridade, liberdade e futuro?

O grupo de teatro Down Compostela está formado por mozos e mozas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, membros da entidade e persoas voluntarias. Comezan a súa andaina no ano 2009 coa obra "Alicia en el país de las maravillas", estreada no Auditorio de Galicia e, dende aquela, ano tras ano ofrecen un novo espectáculo en diferentes espazos de Santiago de Compostela e outros lugares próximos.
Outras representacións a cargo deste grupo son: Esopo y sus fábulas (2010); Romeo y Julieta (2011); Fuenteovejuna (2012); Bodas de Sangre (2013); Las pruebas de Hércules (2014); Solo ante el peligro (2015); e Búscame a ese tipo (2016).