Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: Contos e outras andrómenas, por Pedro Brandariz

Pedro Brandariz achégase á Biblioteca Pública Castelao co seu espectáculo Contos e outras andrómenas, o próximo sábado 30 de setembro, ás 12.00 horas. A proposta está incluída dentro da II Mostra de teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.

Espectáculo infantil para todos os públicos cunha duración de 50 minutos.

Entrada de balde ata completar capacidade.

Dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Espectáculo para nenas e nenos de 0 a 99 anos onde Pedro Brandariz narra, conta e escenifica contos e historias recollidos da tradición galega. Contos de raposos, árbores, cativas e cativos... que conviven nun recanto do mundo chamado "Galicia".
Pero "Contos e outras andrómenas" non é un simple contacontos, senón que hai moito humor, maxia, xogos e outras moitas sorpresas.


Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, showman, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro... aborda o humor dende moi diferentes eidos coma a narración oral, o teatro, o clown e a televisión. Dende hai máis de doce anos, Brandariz percorre a xeografía galega e peninsular con diversos espectáculos de teatro de comedia, teatro infantil, cabaret e, sobre todo, como monologista. Tamén é unha das caras máis recoñecibles da TVG grazas á sua intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo pola súa aparición no programa Luar. Pero iso non é todo, pois é recoñecible de igual forma na radio, xa que participa en "La Ventana" da Coruña, de Radio Coruña Cadena Ser; ademais de ser colaborador da sección "Los Cocos" da mesma emisora.