Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: Enclave D.X., por Vacaloura Teátrica

Para rematar esta primeira fin de semana da II Mostra de Teatro Afeccionado cóntase co grupo Vacaloura Teátrica que representará a súa obra En Clave D.X. Unha sátira De-Xénero. Será ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta minutos.

A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.

Vitoria (f.S.) é unha xornalista recentemente titulada que precisa inspiración para escribir un artigo sobre a desigualdade de xénero nas artes escénicas. A noite preséntase aburrida e monótona diante do ordenador, ata que recibe unha visita inesperada e un tanto peculiar que lle dará a volta a súa realidade.
Enclave D.X. é unha proposta que xorde como unha oportunidade para xogar e aprender dunha temática, ou mellor dito, problemática social de rabiosa actualidade dende hai milenios: a desigualdade de xénero. Ao visitar o Enclave e ás súas moradoras ábrese a posibilidade de descubrir realidades alternativas, completamente inventadas... na que se xoga
coa historia ou coas noticias, dándolle a volta aos feitos, aos sentimentos, as ideas que nos ensinaron, aos xéneros...

Vacaloura Teátrica é unha compañía de Teatro e Asociación Sociocultural de Santiago de Compostela, fundada en Novembro de 2014, por Amantia Coello e Félix Álvarez, actores da xa desaparecida “Teatro da Falúa” e Manuel Morán de “Pinchacarneiro Teatro”. Nace coa finalidade de crear obras propias con interese educativo e un enfoque pedagóxico, apoiándose noutras disciplinas e correntes artísticas. Conta no ser palmarés co 1o Premio do Certame Xuventude Crea 2015 coa obra Mousiké e as
Kronomusas
, que puidemos desfrutar na edición anterior da Mostra. A obra tamén foi seleccionada no Festival Teatrofilia de Vedra 2015.