Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

ALTER EGO: PERCUBEBÉS na Bibioteca Municipal

Percubebés, obradoiro espectáculo para nenos e nenas de 0 a 3 anos na Biblioteca Municipal, o vindeiro sábado 7 de outubro ás 12.00 horas.

Para participar é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal de Rianxo (biblioteca@concelloderianxo.gal ou no 981860272).

Obradoiro-espetáculo no que bebés e maiores aprenden, gozan e descobren o mundo das percusións e da arpa con Marcelo Dobode e Bea Martínez a través de música tradicional; na procura de alimentar o ritmo que todas e todos levamos dentro para que medre a nosa capacidade neuronal e para axudar a desenvolver a psicomotricidade e coordinación.

Urdime nace froito da unión das sinerxias de varios profesionais da xestión cultural, construíndo pontes e camiños que xuntan coñecementos e enerxías, co fin de xestionar proxectos culturais.
Así, componse de catro fíos básicos: a distribución e representación de varios proxectos e compañías de artes escénicas; servizos de comunicación para o sector cultural; xestión administrativa especializada en cultura e acción e asesoramento cultural. Está integrada por varias entidades coma os Lucecús, Canta o cuco, Mamá Cabra, Títeres Fantoches Baj ou Teatro Ghazafellos.