Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

CABALGATA DE REIS: indicacións, accesos e capacidade do pavillón

Por mor das previsións meteorolóxicas adversas, este ano o Belén Vivinte, a recepción dos Reis Magos e o reparto de caramelos  desenvolverase no Pavillón Polideportivo de Rianxo. En función do tempo as carrozas poderán ou non realizar o seu percorrido programado polas rúas de Rianxo.

Para unha mellor organización e seguridade informamos das seguintes indicacións:

- O acceso de público ao Pavillón estará aberto dende as 17.30 h e realizarase ata completar a capacidade, tanto na zona de bancadas coma na zona de pista.

- Unha vez que estea completo, pecharase o acceso dende o exterior ao pavillón e estableceranse quendas de entrada tendo en conta a saída dos que están no interior.

- Pregamos que sigan as instrucións do persoal para gozar dunha noite chea de maxia e ilusión.